12/5/20

MARTES 12 DE MAIO

MOI BO DÍA!
Que galega me sinto esta semana! E Vós?


Antes de nada recordarvos que tedes na páxina de "Linguas e Máis" novo traballo para estas dúas próximas semanas para Lengua e Lingua. A profe Tere dime que este traballo para estos 15 días llo vaiades enviando, unha vez feito na libreta, en formato foto, ao seu correo.

Seguimos de Letras Galegas. Hoxe propoñémosvos que fagades unha caricatura do autor homenaxeado este ano: Ricardo Carvalho Calero. Primeiro buscade e escollede unha imaxe del que vos guste. Fixádevos nos trazos máis destacados ou relevantes e sacade a vosa propia caricatura de Don Ricardo.
Por certo,...
Alguén sabería explicar por que se escribe o seu apelido
"Carvalho" e non "Carballo"?

Ánimo! A buscar! Esperamos as vosas caricaturas!

E para que vos informedes, investiguedes, poidades inspirarvos para a vosa obra de arte, ... quédanvos aquí, un vídeo e dúas actividades relacionadas co persoeiro homenaxeado este ano, extraídas da web Seminario Galán.






2 comentarios:

  1. Hola profe son Candela de 4ºA sobre o traballo de robotica non me deixa gardalo

    Podrias aclararme como se fai?

    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Candela! Entendo que descargaches a versión 5. Cando vas a "Archivo", en lugar de "guardar como...", baixa un pouco máis a "Guardar en tu computador". Logo elixe carpeta, ponlle nome e listo.
      Cando teñas dúbidas de este estilo escríbeme ao correo: experimentandocoaciencia@gmail.com.
      Moitos Bicos!
      Amparo.

      Eliminar