21/5/20

XOVES 21 DE MAIO

BO DÍA!
Gustáronvos os vídeos dos Monstros Coronavirus?
A min encantáronme!

Mañá, venres 22, remata o prazo para a entrega do Reto 2 de Educación Física:
Xogos Tradicionais Galegos
Ánimo!
Pero mentras vamos comezando co seguinte...
Reto 3 de Educación Física: " O Circuito Molón"

Se facemos memoria, seguro que recordades que 2 ou 3 veces no trimestre facemos algún tipo de circuito, ás veces máis xeral, outras máis específico,... Si, esos recorridos tan chulos onde saltamos, corremos, reptamos, volteamos, encestamos, ...

Seredes quen de diseñar, construir, realizar e gravar un circuito con a lo menos 6 estacións onde haxa que: Saltar, lanzar, reptar, equilibrar, encestar, ... (Podedes engadir o que consideredes, pero, coidado, sempre coa supervisión dun adulto).
Entrega: Venres 29 de maio
Imaxinación ao poder!

Ollo! Antes de comezar, hai que quecer.
Ao finalizar, unha pequena rutina de estiramentos.


Aquí vos deixamos un vídeo con algúnha idea. Que sei que a vós non vos faltan, pero, ...


E ao finalizar, podemos facer unha sesión de "Yoga", por exemplo...  
Que a forza vos acompañe!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario