15/5/20

VENRES 15 DE MAIO

MOI BOAS!
Como vamos?
Desfrutastes da Semana das Letras Galegas?
O Domingo é o Día Grande: 17 de Maio.

Seguimos de Letras Galegas e para que xoguedes un pouquiño e  comprobedes canto aprendestes do autor homenaxeado, facede clic na imaxe e botade un Monopoly coa figura de Ricardo Carvalho Calero. Se antes non pasastes polo vídeo e actividades do martes, o mesmo non sodes quen de avanzar...

Por certo, só unha persoa averiguou  o por que do apelido "Carvalho" con "v" e "lh"?

E como chega a finde, ... Toca suxestión peli deportiva. Hai uns días me recomendaban dúas pelis de loita cun título moi similar, pero con temáticas moi distintas. 
  • Mi primer combate (+13 anos). Loita Libre.
  • Mi primer gran combate (TP). Wrestling.

Eu todavía non as vin, pero confío nas reseñas que me fixeron. 
Para hoxe déixovos outra recomendación que xa me fixeran durante o curso e tamén de loita libre.

Grazas a tod@s polas vosas fantásticas suxestións!
Boa Finde!


2 comentarios: