23/6/21

GODZILLA O REI DOS MONSTROS

Os humanos danse conta de que están a destruir o planeta Terra. Pero a Terra ten mecanismos de protección: Os Titáns. 

Ao longo da película descubrimos que os Titáns eran venerados como Deuses por civilizacións moito máis antigas que a exipcia ou a sumeria e que o seu propósito é coidar da Terra e protexela da praga en que nos convertimos os seres humanos.

Godzilla, Ghidorah, Mothra, Rodan, ... 

Agora que os Titáns voltaron e liderados por Godzilla, despois de derrotar ao monstro alieníxena, Ghidorah, déronse á tarefa de restaurar ecosistemas e revertir os efectos do cambio climático alá por onde van. Incluso aparece un ovo xigante, pode ser que Mothra volte á vida...??


HUGO F. e RUBÉN

No hay comentarios:

Publicar un comentario