Ímosvos a falar sobre o mono dourado de nariz chata. Fixádevos ben...
Non vos parece que teñen un aire a Michael Jackson ou Voldemort???
Este fermoso animal ten o seu hábitat no continente Asiático, especialmente en China, onde pode ser atopado ata unha altitude de 4.000 metros. Estos primates están en perigo de extinción debido á deforestación do seu hábitat natural e támen pola caza indiscriminada.
Miden aproximadamente entre 60 e 70 cm, a súa cola é máis longa que o seu torso.
Soe alimentarse dos líques que crecen nas árbores, xa que compoñen o 67% da súa dieta. Para consumilos, estos monos son capaces de percorrer ata 1500 metros na súa búsqueda.
Só quedan uns 750 exemplares en liberdade nun territorio de 400 km cúbicos entre montañas a máis de 500 metros sobre o nivel do mar.



Ja, ja, ja, ... si que son igualiños...
ResponderEliminar