Este martes 8 de xuño tivemos a sorte de poder realizar unha visita virtual guiada polo MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA de Santiago de compostela.
Sara foi a nosa guía. Resultou ser de Redondela.Que sorpresa!
Sara mostrounos diferentes tipos de "Arte Contemporánea", nalgúns preguntounos que nos facían sentir. Había esculturas feitas de masa de azucre, cadros con espuma, en blanco e negro, en explosión de cores, ...
Ademais de escoitar moi atentos todo o que nos contaba Sara, coñecer distintas obras de artistas moi diferentes, de descubrir que a arte vai máis aló dun cuadro e dun marco e de sentir a través de distintas creacións: Debuxamos, fragmentamos, creamos, danzamos coas cores, ...
ALÁN, SARA E UXÍA


No hay comentarios:
Publicar un comentario