Rematou o curso... Pero a aprendizaxe continúa... Descansade, desconectade, xogade moito, pasádeo fantástico, ... pero, ....
Sería moi interesante que este verán, despois do duro curso que se nos presentou, ademáis de desfrutar das vacacións e do tempo de lecer, alternáramos un pequeno traballo que nos facilite a incorporación ao seguinte curso de primaria. Levastes unha folliña con todas as indicacións ao respecto, algúns con traballiño moi concreto e específico. Eu seguirei engadindo materiais que vos poidan resultar de interese (ademais dos vosos artigos). Recordade que vós tamén podedes envíar suxestións...
De calquera xeito, recordade que, sería moi importante e aconsellable:
- LER TÓDOS OS DÍAS (libros, cómics, revistas propias da súa idade, …) intentando entender, resumir, comprender o que len.
- Facer pequenas redaccións, contos, notas, receitas, investigacións, … ou incluso un Diario narrando as experiencias máis significativas do tempo de verán e poñendo especial atención nas normas básicas de redacción (ordenación temporal, ortografía, presentación, …).
- Empregar o CÁLCULO MENTAL e o razoamento lóxico todo o posible: No super, atraccións, compra habitual, librería, quiosco, …
Como vedes, aquí tamén recollendo e deixando todo listo para as obras do verán e a posta a punto de setembro.
PASÁDEO MOI BEN!

No hay comentarios:
Publicar un comentario