Era xoves, 10 de xuño, estabamos moi ilusionados. Iamos sair cara ao ....
PAZO DE TORRES AGRELO!!!!
Cando chegamos un dos traballadores do Pazo acompañounos polos xardíns e foinos contando cousiñas das plantas, árbores, lagos, grutas (Haberá realmente algún tesouro???), ... Había moitas Hortensias, Artemisas, Magnolios, Loureiros, frutais, ... e un bosque de CAMELIAS Japónicas. Nun recuncho, unha variedade moi especial, moi rara en Galicia, unha camelia "Sasanqua". Unha pena que non estiveran en flor!
Vimos tamén unha Tuia que tiña máis de 100 anos, o seu tronco era enorme.
Logo fixéronnos unha visita ao que agora é un hotel rural, ao edificio do Pazo. Gustáronnos moito a súa madeira tallada; A súa escaleira de castaño; Os azulexos dos que non había dous iguais feitos en Triana; Un xadrez espectacular, agasallo de Kasparov (Campión do mundo); as preciosas vidreiras policromadas; ... E as vistas,... Espectaculares: Á ría de Vigo, á illa de San Simón, ao monte da Peneda, ...
E por se fora pouco... ofrecéronnos unha merenda nun espazo espectacular!!!
Que ben o pasamos!!!
BRAIS, HUGO F. E ÁLISON

No hay comentarios:
Publicar un comentario