21/6/21

PLANTANDO CACAHUETES

Este ano, co tema do Cambio Climático, traballamos o tema das legumes e os beneficios que supoñen, para o planeta en xeral, e para o ser humano en particular. Despois de todo ese traballo, decidimos que iamos plantar legumes, en concreto, cacahuetes. 

A que non sabiades que son legumes???

Xa están crecendo!!

Agora toca buscar un sistema de rego artesanal e automático, que non precise de mangueiras, grifos, persoas, ... para o verán. Xa topamos dous, pero seguimos buscando, a investigación nunca remata. Son dous meses en que non vamos poder vir regalos, ... e vai facer moito calor. Esperemos que non morran!

Deixámosvos un pequeno vídeo que topou a nosa compañeira Emma por internet, poñendo en práctica un desos sistemas de rego caseiro. Se coñecedes algún outro, compartídeo con nós, o mesmo precisamos del. GRAZAS!


MAURO, ABEL E RUBÉN

2 comentarios:

  1. Xa nos contaredes se ao final tedes de verdade cacahuetes. Case non o creo. Moita sorte no verán e o voso sistema de rega!!

    ResponderEliminar