9/6/21

PANDA VERMELLO

Ola! Hoxe vouvos falar dun dos animais máis monos do mundo♡

O panda vermello!!!

Este animal ten o tamaño dun gatete doméstico pero co tamaño da súa cola faise moito máis grande. Utiliza a súa  cola como mantiña, posto que vive en lugares moi fríos: Atópase nas montañas de Nepal e no norte de Birmania (Surleste asiático).

Pasan a maioría do tempo nas ramas das árbores. Aliméntanse de peixes, landras, raices e ovos.

Aquí vos deixo un video para que saibades un pouquiño máis.


UXÍA

1 comentario: