Ben, non, ... Mellor! E quedamos curtos.
O pasado luns 14 de xuño fomos á "Muralla", a escola de hípica que temos aquí ao ladiño do cole. Fomos camiñando. Estivo ben. Polo camiño, incluso topamos unha serpe morta...
Nada máis chegar xa confraternizamos coa fauna do lugar, uns cans super tranquilos, que se nos achegaban sen medo ningún, problema, un dos nosos compañeiros é alérxico ao pelo dos cans. Rápido a lavar as mans. Todo ben!
Para comezar sacamos unhas fotos subidos nos cabalos. Chulísimas! A continuación, David deunos unha clase maxistral sobre a especie equina, as instalacións, coidados, ... Canto aprendimos!: Mídense pola cruz; A diferencia entre cabalo e poni; Beben entre 30 e 50 litros de auga ao día; Cagan entre 15 e 20 veces ao día; Diferentes razas; Como lles medra a dentadura; Para que se poñen as ferraduras; Como darlles de comer; ... E moito máis.
Xa ía media mañá, tocaba a merenda. Pero, xa nos impacientabamos, pois sabiamos o que fixera o outro grupo. Estabamos ansiosos.
Si, tocaba cepillar e peinar os cabalos. Laura e Alex explicáronnos como facelo. Incrible o tranquilos que estaban e o moito que nos deixaban facer. Moi gratificante!
E para rematar... MONTAMOS A CABALO!
QUE EXPERIENCIA! XENIAL! ENCANTOUNOS!
Nos por riba tivemos a sorte de ter dous xinetes profesionais con nós, que xa antes de sair do cole, nos explicaran e ensinaran toda a equipación que precisan para as clases. Velos sobre os cabalos foi todavía máis impactante. Como cabalgan! Que técnica!. Creo que todos quedamos con ganas de máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario