16/3/20

LUNS 16 MARZO: ACTIVIDADES

Para empezar a organizarnos:
- Teñamos ou non teñamos traballo, sempre debemos cumplir con esas 3 horas de traballo diarias, polo tanto se rematastes as tarefas, sempre podedes, repasar, resumir, esquematizar, debuxar, investigar, experimentar, construir, inventar algo, ...
- Todos os días adicar polo menos 1 hora á lectura (para cada un, en voz alta, contacontos, ... )
- Todos os días adicar tempo a escribir. Podedes comezar un diario destos 15 días de corentena por exemplo. Pode ser real ou ficción.
- Tentade adicar tempo a todas as asignaturas, seguindo o horario de clase ou un feito por vós. ORGANIZACIÓN. 

ACTIVIDADES:
*A profe Ángeles (Lingua Inglesa) deixou xa na web do centro traballo para os que queirades ir facendo algo. Recordade entrar tamén na aula virtual (contrasinal: 1920-Reboreda).

*Experimento "Funcións Vitais Seres Vivos: As plantas": Recordades que hoxe luns tiñamos que presentar un traballo?? (páx.18,19). Pois vamos facer o seguinte. Vades intentar gravalo en vídeo na casa. Ollo! Planificade primeiro: guión, localización, materiais necesarios, ... e cando teñades todo planificado e organizado, pedide axuda aos maiores que teñades en casa. O vídeo ou vídeos que gravedes, teredes que mandarmos ao correo (experimentandocoaciencia@gmail.com), antes do próximo luns día 23.

*Actividades Interactivas blog: Aproveitade para facer as actividades que fun colgando en artigos anteriores como reforzo aos contidos que traballamos na aula.

*Ciencias da Natureza: Lectura páxinas 14 e 15. Exercicios: 1,2,3.

*Matemáticas: Tema 7. Lectura página 103. Copiamos cuadros: Múltiplos del metro (104); Submúltiplos del metro(106). Ejercicios: pág. 104:1,2./ pág.105:6. / pág.106:1. / p.107: 9.

*Lengua: (2 semanas) Repaso trimestral (p.134-135). Ejercicios del 1-14 (Excepto dictado).

*Lingua: (2 semanas) Repaso trimestral (p.120-121). Exercicios do 1-8. Escribir dous contos (cara ao concurso da Reboraina). Ler o libro: "A filla do ladrón de bicicletas".

* Plástica: (2 semanas) Lámina nº 8 do libro de plástica que tedes no bloc de debuxo (gravado de Escher).

(NOTA.- Aqueles alumnos/as que non levaron os libros poderán acceder á páxina web de Anaya. De non poder acceder, nestes días, a editorial habilitará unha aula virtual. Segundo a Consellería, os contidos non serán avaliables.)

2 comentarios:

  1. Bos días. O seguinte enlace non funciona
    https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipreboreda/?q=taxonomy/term/20

    ResponderEliminar
  2. Bo día! Grazas polo aviso. Estanse a realizar cambios na web do centro, e polo tanto cambian as ligazóns do mesmo. Acabo de modificar esa ligazón. Espero que agora funcione.
    Moitas grazas polo aviso! Calquera outro problemiña, por favor, seguide informando! Estamos tod@s no mesmo equipo.
    Moita Saúde!

    ResponderEliminar