16/3/20

LUNS 16 MARZO: DÍA 1

Ola! Bo día!
Como estades??
Hai algún convaleciente, estamos todos ben??
Como xa falamos, aínda que en "Estado de Alarma", temos que seguir traballando un pouquiño e non perder o ritmo. Recordade que si evitamos sair e estar en contacto con outros, é polo ben de tod@s.
15 días pasan enseguida, intentade organizarvos, facer un horario de traballo para a semana e respetalo; facer algo de exercicio físico (non só diante da consola); e aproveitade para ensinarlles a papi e mami algún dos xogos de mesa que coñecedes. 
Pois a TRABALLAR!

Durante estos días vou ir deixando aquí traballo, podedes imprimir o que precisedes, facer en libreta, en folios, como consideredes mellor. Porei en días sucesivos, solucións, se fora necesario, ou podedes enviarme por correo electrónico, aquilo que consideredes oportuno. Intentade traballar todas as mañáns un pouco, 2 ou 3 horas polo menos.
Recordade que ben, nos comentarios deste blog, ou a través do correo estaremos en contacto. Podedes utilizalo cando queirades e preguntar todo aquilo que precisedes.
Correo: 
experimentandocoaciencia@gmail.com

Moita Saúde!

7 comentarios:

  1. Estamos esperando a ver que traballo ai que facer.


    Alán

    ResponderEliminar
  2. Calquera dúbida, sabedes que podedes preguntar. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Que son as tafefas? ;D

    Alán

    ResponderEliminar
  4. Mira o título da páxina de tarefas de corentena.

    Alán

    ResponderEliminar
  5. Grazas por estar atento, Alán. Calquera outra dúbida, aquí estamos.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  6. Oh!!!!!
    As tafefas eran mais divertidas que as tarefas. Por qué o correxicheeee?
    Alán

    (con risas se pasa mellor)

    ResponderEliminar
  7. Dende que non hai "tafefas", desaparecestes... Podemos divertirnos de moitos outros xeitos!
    Moitas risas! Moita Saúde!

    ResponderEliminar