26/3/20

XOVES 26 DE MARZO

Hoxe espéranos un gran día, non si????
Vistes os vídeos de onte? Xogastes? 
Comestes moita froita e verdura? 
Realizastes a vosa sesión de Educación Física??

Pois hoxe toca un pouco de humor. Seguro que sabedes que a risa é fundamental para unha boa saúde, tanto física como mental. 
Sei que vos gusta moito contar chistes. Pois convídovos a que nos contedes un (podedes teatralizalo se queredes): curto (20" aprox.); en vídeo (poderemos vernos e rirnos xuntos un pouco); Entrega a través do correo:  (experimentandocoaciencia@gmail.com); Prazo, ata o luns por exemplo.
Co que mandedes, mandemos, edito un pequeno vídeo e o colgamos. Que vos parece?
Que mellor menciña que unha risa???

Profes, nais, pais, avoas, avós, ... todos estades invitados a participar e elevar o ánimo desta comunidade educativa. 
(Xa elevado de serie)
(Ollo! Que este é un blog educativo!!!)
E para comezar...
O seguinte en vídeo...!!


4 comentarios:

  1. Profe Amparo eu apúntome á túa iniciativa. Antes do luns terás o meu vídeo no correo. ë importante manterse postitivos e o humor é unha das mellores maneiras. Ogallá nos animemos moitos aínda que iso supoña máis traballo para ti. Bo día. Unha aperta da profe Lydia

    ResponderEliminar
  2. Grazas profe Lydia! Xa somos 3. Ánimo!

    ResponderEliminar
  3. Hola profane Amparo qué bonito o de Mafalda a ver cándo vamos a hacer iso nos por a terra.
    de Emma.

    ResponderEliminar
  4. Todos un pouquiño, facemos un MOITO!

    ResponderEliminar