18/3/20

MÉRCORES 18 MARZO

Moi bos días! 
Outro marabilloso día soleado!
Pois ala, a traballar, que con esta luz todo apetece. 
E logo a facer a fotosintese!
Música: A profe Isa mandoume a ligazón ao seu blog, para que entredes e poidades traballar nestos días. Di tamén a profe Isa, que vaiades mirando de a pouco, os materiais das outras entradas, referidos ás "Aureas".


Tarefas: Recordade que tedes as tarefas de Mates e Ciencias, nunha nova páxina: Tarefas Corentena. Ao día seguinte de poñer as tarefas, poño as solucións ás actividades de mates. 
(Tedes tamén esa ligazón na barra lateral da esquerda, encima das actividades interactivas).

Pero, hoxe é mércores, maña xoves 19, Día de San Xosé obreiro, Día do Pai, festivo, ... Hai que facer algo especial para celebrar, non si??.

Ver cine sempre é unha boa idea, e en relación co tema deste ano no centro, "O deporte", teño algunhas suxerencias que facervos.


- "Space Jam", que seguro que algúns de vós coñecedes, pero, hai que vela. Protagonista, Michael Jordan, nada máis que dicir.






- "Elegidos para el triunfo" (Cool Runnings), onde catro atletas xamaicanos, intentan participar nuns xogos olímpicos de inverno.





Algunha outra recomendación?? 
Vistes ultimamente algunha peli relacionada co deporte que nos queirades recomendar???

Pois a pasar un bo día, hoxe e mañá. 
Mañá non haberá tarefas. Falamos o venres.
Moita Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario