23/3/20

LUNS 23 DE MARZO

Bo día!
Comezamos unha nova semana. 
Como estamos tod@s? 
Como vamos de ánimo? 
E de forzas? 
Estades seguindo as indicacións sobre unha organización axeitada do día? Traballo escolar, exercicio físico, tempo de xogo, tempo actividades en familia, tarefas da casa, ... 
Como vos organizades vós?
E por que vos digo todo esto? Non sei se o sabedes, a Organización Mundial da Saúde (OMS), aconsella, no caso dos nenos e nenas, 1 hora diaria de actividade física vigorosa (20´adultos - moderada). Ademais das consabidas virtudes que ten o exercicio físico no noso organismo, ocupa tempo, evita que nos aburramos, levanta o ánimo, axuda a reducir síntomas de estrés e ansiedade, ... Total, un pack completo. 
Facedes vós algún tipo de traballo, actividade, exercicio físico nestos días??? 
Cal???
Vou tentar deixarvos aquí tamén algunha idea de pequenas cousiñas que podedes facer:
  • Cosmic Kids Yoga: Hai moitos vídeos. Podemos facer unha sesión cada día.
  • Coreografías de baile: Bailar sempre é unha boa idea, e vaia se sube o ánimo.
  • DragonBall super fitness: Coidado co número de repeticións, pouco a pouco, que todavía non somos "Super Saiyans".
  • Footloose-GoNoodle: Seguimos bailando. Preparádevos que logo pasamos proba.
  • Elaborar un xogo de bolos: Para logo poñer en práctica.
  • Circuitos pola casa: Buscando realizar distintos movementos, que impliquen distintas partes do corpo, distintas habilidades (carreira, saltos, arrastres, velocidade, xiros, ... ), ... . Seguro que sodes capaces de improvisar, xunto con papi e mami, un recorrido super orixinal. 
Ocórresevos algunha outra idea?? Compartide con nós.
Despois de tanta actividade física, ... Respiramos ... e un pouco de relax.
Entregastes xa o vídeo do experimento sobre as plantas?? Pois espabilando. Hoxe era o último día. 

Se tedes calquera dúbida ou pregunta, non vos reservedes, preguntade. 
Moitos Bicos!
Moita Saúde!
Coidádevos e coidade dos demais!
"EU QUEDO NA CASA"

No hay comentarios:

Publicar un comentario