20/3/20

VENRES 20 DE MARZO

Moi bo día!
Que tal onte? Celebrastes como se merecía a data? Xogastes, vistes cine, fixésteslle algún agasallo a papi, ...???
E... seguimos tod@s ben??

Pois continuamos...
-Como vai o traballo "Experimento Funcións Vitais dos Seres Vivos: As plantas"??? . Algunha dúbida, algunha dificultade, ...? O luns queremos ver esos vídeos. 

-Recordade que tedes as tarefas de mates e ciencias na barra lateral da esquerda, na sección, corentena:

-O traballo de Lengua, Lingua, Plástica, Inglés e música, tédelo especificado nos artigos anteriores. Revisade.

-Dende o Departamento de Orientación a profe Lydia activou o blog que tiña cando era titora e agora pasa a ser de Orientación. Botádelle unha ollada. Seguro que vos interesa algún dos recursos que  vai colgando.

Para empezar, colgou un curso de Yoga, que aínda que está en inglés, enténdese perfectamente, e parece moi apropiado para poñer en práctica nestos días. Ánimo! Seguro que vos gusta. E aproveitamos para repasar Educación Física. (😀😉)


COIDÁDEVOS MOITO!!!

4 comentarios:

  1. Hello kids,
    this is Teacher Ángeles.
    Just checking that everyone is ok, including teacher Amparo. (Comprobando que estades todos ben, incluída a profe Amparo).
    I'll be following this blog, to see your awesome work. (Estarei seguindo este blogue, para ver o voso alucinante traballo).
    Take care and stay at home! (¡Coidádevos e quedade na casa!)
    Kind regards, teacher Ángeles.

    ResponderEliminar
  2. Moi boas, profe! Por aquí todo mellor. Ben. Esperamos que tamén ben por ahí. Coidate ti tamén! Moitos Bicos!

    ResponderEliminar
  3. Graciñas por difundir os recursos que estou a subir dende o meu blog. A profe Isabel tamén está a publicar no seu blog. Os vídeos de yoga xunto cos videos de paisaxes sonoras e exercicios de relaxación que subiu o venres son unha combinación perfecta. Unha aperta dende Redondela!

    ResponderEliminar
  4. Grazas a ti profe Lydia!. Seguiremos entrando no teu blog e probando os recursos que subes. Sempre resultan interesantes. Moitas Grazas por compartir!
    Saudiños! Moita Saúde!

    ResponderEliminar