Ola outra vez! Estamos de volta.
Como vamos? Tod@s ben? Seguro que si.
Que tal a fin de semana? Fixestes moitas actividades?
Vistes algúnha das pelis que se recomendaban?
Xogastes ás Damas ou ao Xadrez?
- Antes de nada, recordade que hai que facer ese vídeo dun chiste. Contamos con tod@s! Ánimo, o chiste pode non ser bo, pero ... e o ben que o vamos pasar gravando, preparando, guionizando, teatralizando, ... e xa despois vendo, a nosa obra e a dos compañeiros e profes.
- Pasade de vez en cando polo blog da profe Lydia, a orientadora do centro. O pasado domingo nos informaba de que había dúas canles de televisión, tve2 e Clantv, que coa colaboración de distintas editoriais, están ofrecendo un horario de atención, con recursos para distintos tramos de idade.
Bueno e aquí vos queda a ligazón ao xogo dos ECOSISTEMAS do venres. Rematástelo? pois, por se queredes repetir. Agora podedes facelo en inglés. (recordade permitir o complemento flash)

Bo dia Amparo. As fichas do ecosistemas (silandeiras) hai que enviarchas? Copialas na libreta?.
ResponderEliminarHUgo o fin de semana andivo a argallar co pai un mini ximnasio. despois envioche as fotos e video.
Que teñas bo dia.
Moi boas! Non. Só hai que enviar as que eu vos especifico. Non vos preocupedes.
EliminarUn miniximnasio? Xenial! Estou desexando ver esas imaxes... Así me gusta, imaxinación ao poder e que non decaian as gañas de facer cousas.
Bo día para vós tamén! e para tod@s!
Bicos!
Dou fe de que se pasa xenial cos preparativos para o vídeo do chiste. Vergoña fóra! o caso é disfrutar un chisquiño rindo jeje je.
ResponderEliminarGrazas, profe! Neso estamos. Bicos!
ResponderEliminar