Xa estamos a venres!
Foi moi dura a semana? A que non?
Agora temos por diante a fin de semana. Seguro que tedes preparadas moitas actividades que facer, imaxinación sei que non vos falta. Pero eu déixovos algúnhas suxestións por se queredes entretervos.
- Gravar un vídeo, sí, dun chiste (recordades o artigo de onte?)- Por suposto cine, e por suposto, cine de deportes:
"En busca de Bobby Fischer".
Aos que vos guste o Xadrez,
vaivos encantar.
E aos que non, tamén.
"Una tribu en la cancha".
Anda, outra de baloncesto.
Non se me nota nada.
-E como vades en xogos de mesa? Cales son os que máis vos gustan?. O profe Guillermo recomendábame: Xadrez e damas.
- E como grandes científicos que sodes, tedes que pasar polo blog da profe Lydia, que puxo onte unhas ligazóns super interesantes sobre experimentos.
Todo esto sen despistarnos do horario de traballo.


Hola son Eva e a película de baloncesto teño que vela, haber se me gusta, cando a nire che digo haber se me gustou
ResponderEliminarOla Eva! Viches "Space Jam"? a de Michael Jordan. Foi a recomendación anterior. Esta tamén está moi chula. Vaivos gustar. Sobre todo a vós que tanto vos gusta o baloncesto. Xa me contaredes. Bicos!
ResponderEliminarPor certo, a de Bobby Fischer tamén vos gustar moito. Intentade vela e xa me contaredes.
ResponderEliminarMáis bicos!