BENVID@S DE NOVO!
Que tal de Semana Santa?
Comestes moita rosca, mona, ovos, ... ?
Vistes algunha peli deportiva interesante?
Vistes algunha peli deportiva interesante?
E exercicio, fixestes algo??? Que exactamente?
Pois pensando en que a volta non sexa tan dura... vamos comezar cun pouquiño de repaso, primeiro físico e logo...
- Antes de nada, pensando en que vamos voltar ás tarefas escolares, e sabendo que non está a profe para recordarnos como temos que sentarnos, movernos, colocarnos, ... vamos ver este vídeo sobre hixiene postural e intentar corrixir esos malos hábitos dos que ás veces non nos decatamos.
- Intentade cada mañá facer unha rutina de movilidade articular e quecemento (como facemos nas clases) e durante o día realizar algunha táboa de estiramentos.
- Recordamos algunhas das cousiñas das que xa falamos e que podemos facer estando confinados nas nosas casas: Xogos de mesa: parchis, oca, damas, xadrez, ... ; xogos populares: billarda, comba, chapas, canicas, mariolas, ...; Yoga: cosmic kids yoga ; Coreografías de baile, danza, zumba, ...; Dragon Ball Super Fitness; ...
(facede clic nos enlaces para recordar)
- E para seguir avanzando, hoxe propoñémosvos: "MALABARES". Antes de nada hai que intentar facer as bolas (no primeiro trimestre fixestes unhas bolas con globos e arroz, nun dos obradoiros dos venres).
E logo de que temos material co que empezar, ide aos pouquiños, non deseperedes.
Non avanzamos fase, ata que controlemos o exercicio anterior.
Non avanzamos fase, ata que controlemos o exercicio anterior.
Visitade a páxina de Educación Física para seguir unha orde axeitada na progresión de exercicios e conseguir chegar a ser un gran malabarista.
Queremos ver os vídeos das vosas habilidades!!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario