15/4/20

MÉRCORES 15 DE ABRIL

MOI BO DÍA!
Aquí estamos de novo. Recordade que cada día vouvos subindo as tarefas a realizar. Se vamos ao día, mellor. Se en algunha ocasión nos quedamos algo rezagados, rápido, un pequeno sprint, e a poñerse ao día.

Tedes colgadas tamén as tarefas para Lingua e Lengua para estos días. Ide facendo ao voso ritmo, pero, sen despistarnos. Que non se nos quede todo para o último momento. 

Igualmente, nesta páxina tedes as ligazóns: ao blog de música, a aula virtual de inglés, a web de educación física, aos recursos de relixión e ás suxestións de Orientación. 

Durante este trimestre vamos intentar traballar un pouquiño co procesador de textos (word, open office, ...), coas presentacións de diapositivas (power point, impress, ...) e co vídeo. 
Así que, a poñerse as pilas.
E como ben sabedes, interesaríanos controlar un pouquiño mellor o teclado do ordenador. Recordades o curso de Mecanografía. Pois vamos intentar adicarlle tódolos días 10-15 minutos. Seguro que a final de mes o temos dominado. (ollo posición corpo e dedos)

Bueno, que tal van as bolas de MALABARES? 
Eu xa vin algúns vídeos espectaculares. 
Espero os vosos. 
Mañá, exercicio 3 e 4. Hai que seguir progresando.


1 comentario:

  1. Apúntome a practicar cos malabares, pero aínda teño que preparar as bolas. O que si fixen foi practicar a mecanografía. Fixen as dúas primeiras leccións. Nunca fun tan consciente de que non uso o anular e o maimiño cando escribo. Seica na cuarentena a profe Lydia aprende a mecanografiar como é debido...

    ResponderEliminar