MOI BO DÍA!
Hoxe é un día moi especial.
Día Internacional do Libro
"LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES"
Hoxe é un día moi especial.
Día Internacional do Libro
Se estiveramos no cole estaríamos
celebrando este día todos xuntos, facendo moitas actividades ao redor dos
libros. Pero, … non é así. Con todo, si podemos dende a nosa casa facer moitas pequenas
cousiñas para celebrar este día. Nós, durante esta semana propuxémosvos algunhas e seguimos:
- O vídeo onde nos contades cal é o voso libro favorito e por que. Enviar a experimentandocoaciencia@gmail.com
- As rosas e flores de origami como agasallo por un libro.
- Ver a peli "Historia dunha gaivota e o gato que a ensinou a voar".
E hoxe en especial:
- Podedes escoller un dos vosos libros favoritos, atopar un recuncho que vos resulte especial e pasar un bo rato lendo unha gran historia. Se ademais podedes lerlle a outro e compartir ese momento, adiante, ... a LER!!!
El corto es super bonito¡¡
ResponderEliminarA que si. E o voso libro volador, cal podería ser?
ResponderEliminarBicos!
Amparo.
Profe en que páxina está todos números decimais
ResponderEliminarEva
Ola!
EliminarQue números decimais?
E moi bonito encantoume
ResponderEliminarBicos
Antía