MOI BO DÍA!
Como foi a semana?
Recordade que o luns é festivo en Redondela. Non haberá tarefas. Tedes por diante o día de hoxe, sábado, domingo e luns. Son catro días. Hai que ir poñéndose ao día xa.
Os que estades ao día, pode ser un bo momento para poñer en marcha algún tipo de investigación, experimento... Un dos vosos compañeiros enviabame estos días un vídeo dun cohete con auga.
Que ninguén me diga que se aburre.
Recordades o programa de experimentación da TVG?
Toparedes na ligazón, tódolos capítulos emitidos. Seguro que sacades algunha gran idea. Claro que si, gustaríame vela.E por suposto podedes aproveitar para mellorar en:
- Mecanografía: recordade que tedes na barra lateral da esquerda, na sección "actividades interactivas", dúas ligazóns. A que xa coñecemos, que ten o curso, con instrucións, leccións e xogos. E unha segunda en inglés.
- Malabares: Aproveitade para ir collendo soltura. Antes do 14 de maio hai que entregar o vídeo, para que todos poidamos ver o habilidosos que andamos. A semana que ven fase 3.
E chegando a fin de semana, non podía despedirme sen recomendarvos unha peli deportiva:
Pasade unha estupenda fin de semana.
Nos "vemos" o martes.
(*Por certo, 4ºB, atentos ao correo, temos unha cita para o martes)

Profe saque un 7 en el examen
ResponderEliminar😃😃😃😃😀😀😀😀😀😀☺️☺️☺️☺️☺️☺️☺️😊😊😊
Fantástico! Así me gusta, sen perder o paso. Se é que sabedes máis do que pensades...👌👌👌😉
EliminarSaúdiños!
Amparo.