16/4/20

XOVES 16 DE ABRIL

Moi bo día!
Hoxe temos novos usuarios
Benvidos compañeiros de 4ºA!
Como compañeiros de curso e amigos que somos, iniciamos un novo percorrido, onde contamos con vós para todas aquelas actividades que vamos desenvolvendo.
Para manternos en contacto, podedes facer comentarios ao final do artigo, ou escribir un correo a:
experimentandocoaciencia@gmail.com
Vades ter tamén unha páxina de tarefas aloxada na barra lateral da esquerda, na sección "corentena", onde a profe Marita vos vai ir subindo o traballo de cada día. As de hoxe xa están engadidas:

E para empezar con bo pe (ou man), vamos continuar cos malabares.
(Haberá que entregar un pequeno vídeo)

Para conseguilo, temos que seguir avanzando. 
Segunda fase: Exercicio 3. 
A practicar.... !!! 

(Se necesitamos practicar o 1 e o 2, vamos aos artigos anteriores)
(Podemos facer as bolas de moitos xeitos se non temos globos, onte alguén as facía con medias)


1 comentario: