28/4/20

MARTES 28 DE ABRIL

MOI BO DÍA!
Vistes as suxestións lectoras d@s compañeir@s?

Hoxe vamos compartir unha ligazón a un proxecto artístico: PRIMARTIS (terédelo tamén na barra lateral da esquerda). Algúns seguro que xa entrastes. Unha vez que fagades clic na imaxe, ide á sección de "alumnado" e alí poderedes elixir que camiño seguir. 
(Teredes que permitir o complemento flash)

Ademais vamos voltar traballar un pouquiño coa robótica e vades precisar descargar o programa "Mblock". Falade con papi e mami. Eu déixovos aquí a ligazón á páxina oficial de "Mblock" e cando o instaledes (en función do voso sistema operativo), curioseade un pouquiño, recordade os menús, os escenarios, os comandos, ... para ir empezando, que en breve RECOMEZAMOS.
(Calquera dúbida: experimentandocoaciencia@gmail.com)



2 comentarios: