21/4/20

MARTES 21 DE ABRIL

BO DÍA DE NOVO!
Que tal de Luns de Pascuilla?
E os Malabares?? (practicar, practicar e practicar)

Esta semana é un tanto especial. O día 23 de abril é o Día Internacional do Libro. Cada ano por estas datas celebramos o placer de ler, a oportunidade de coñecer historias alucinantes, de deleitarnos coas súas ilustracións, ... Pero, este ano é un pouco distinto. 
Recordades o que fixemos o curso pasado? 
Si, aquelas fotos co noso libro favorito. Pois este ano convidámosvos  a que nos contedes algo sobre algún dos libros que máis vos gustara na vosa vida, que nos leades un anaquiño, que nos expliquedes que significou para vós ese libro, que o dramaticedes, ... O que queirades. 
Enviádenos un pequeno vídeo (20-30 segundos) antes do venres,  ao correo : experimentandocoaciencia@gmail.com e tentamos facer un único vídeo con todos e subilo.

Para completar a semana, e como homenaxe ao autor Luís Sepúlveda, que o pasado día 16 de abril, morría en Oviedo, vamos deixarvos a película animada dun dos seus libros:"Historia de unha gaviota (y el gato que le enseñó a volar)"

(Se topades unha ligazón que se vexa mellor, avisade)

Como tradición nesta época, sabedes que se agasallan flores a cambio de libros. 
Seredes quen de nestos días, aproveitando que nos gusta tanto o origami, facer algunha flor de papel? (Queremos velas)
Aquí vos quedan algunhas ligazóns:

E agora ao traballo...


14 comentarios:

  1. HOLA PROFE AMPARO O TEU BLOG E MOI DIVERTIDO.
    EU XA ESTOU PRACTICANDO OS MALABARES.
    SON CANDELA DE 4ºA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Candela! Este blog, agora, é o blog de tod@s, de Cuarto. Encántame saber que estades ahí e que estades practicando. Botade unha ollada aos artigos anteriores para ver algunhas das cousiñas que levamos feitas, sobre todo de Educación Física.
      Recordade, esta semana, vídeo Día do Libro, e en tres semaniñas, a ver como van esos malabares. Mañá seguinte fase. A seguir practicando!
      Bicos!
      Amparo.

      Eliminar
  2. Ola Pedro! Deixeiche unha mensaxe no artigo que ti escribiches. Espero que agora entres correctamente para poder seguir as actividades que vamos propoñendo e facendo. A ver se nos vemos logo.
    Bicos!
    Amparo.

    ResponderEliminar
  3. Bos días!!!!!!son Eva e este blog e o mellor do cole,grazas a ti profe Amparo������������

    ResponderEliminar
  4. Moi boas Eva! Se é un blog interesante é por que vós estades ahí colaborando, participando, aportando, .... E hai que seguir.
    Bicos!
    Amparo.

    ResponderEliminar
  5. Profe soquey un 5 pero con dúas preguntas menos
    Saúdos!!!!
    Eva

    ResponderEliminar
  6. Ola Eva! Podes voltar a repetilo. Se saes o volves entrar, seguro que xa tes as 10 preguntas e así practicas. Moi ben!
    Bicos!
    Amparo.

    ResponderEliminar
  7. Para cando é o dos malabares pregunto

    ResponderEliminar
  8. E o examen dos dous temas de ciencias
    Un saudiño
    Eva

    ResponderEliminar
  9. Ola Eva! Si a "probiña" dos dous temas de CCNN. 1 e 2. Os malabares para o 14 de maio. Todavía faltan exercicios que practicar para conseguir mover 3 bolas. Ánimo!
    Bicos!
    Amparo.

    ResponderEliminar
  10. Cuando e oexamen profe
    Eva

    ResponderEliminar
  11. Hai que ler con atención. O pon nas tarefas. O venres mandareivos ao correo esa probiña.
    Repasade. Seguro que sae ben.
    Amparo.

    ResponderEliminar
  12. O blog e moi divertido seguiré así
    Bicos!!! 😘

    Antía

    ResponderEliminar