Xa é venres!
Final de trimestre!
Que tal de notas??? (como se non o soubera...)
En xeral, bastante ben, non si?
Agora chegan uns días de vacacións, pero, non se pode baixar a garda. Non vos vou mandar traballo, eso sí algunhas recomendacións:
- Poñédevos ao día coas tarefas pendentes.
- Intentade adicar tempo á lectura e á escritura tódolos días: Ficción, revistas, comics, ... Escribir diarios, realizar investigacións, traballar nun caderno de campo, facer algunha reportaxe, seguemento dalgunha nova científica, informe evolución coronavirus, recomendacións lectoras, ...
- Procurade falar con papi e mami e que vos ensinen todo o que precisedes relacionado coas novas tecnoloxías, para que á volta das vacacións, nos poidamos comunicar directamente e non precisedes axuda: correo, videochamadas, adxuntos no correo, presentacións diapositivas, ...
- Podedes entrar nas distintas ligazóns (xogos) que temos no blog e aproveitar para repasar de forma máis lúdica e interactiva.
E para despedirnos ata o día 14, unha pequena FESTA. Recordades a páxina de "code.org", pois, a bailar!. Podedes comezar a programar dende o principio, e logo avanzar ao nivel 2.
Ánimo, seguro que vos divertides!
(facede clic na imaxe)
(facede clic na imaxe)
Pasade
unha fantástica Semana Santa e recuperade forzas.
Ollo cos doces e vémonos
á volta.
COIDÁDEVOS
MOITO!
FELIZ
SEMANA SANTA!
MOITOS BICOS!
Quedamos na casa?
"EU QUEDO NA CASA"

Moi boas profe, e moi boas as notas. (Caritas) UwU OwO
ResponderEliminarHola profe eu estou moi contenta coas miñas notas e màis estou contetisima
ResponderEliminar