QUE FANTÁSTICO DÍA NOS AGARDA!
Bueno, que, gustouvos o vídeo de onte? Divertido, non si?
Hoxe vou recordarvos, unha vez máis, que non debemos quedar sentados no sofá, diante do televisor, da consola, ... hai que intentar facer algo máis. A estas alturas xa sei que moitos de vós tedes máis que organizado o día e facedes moito exercicio. MOI BEN!
Que actividades facedes?
A que xogades?
Con que vos entretedes?
Sería un bo momento, esta corentena, para indagar un pouquiño sobre os xogos e entretementos que tiñan os vosos maiores.
A que xogaban papá, mamá, os avós, ... Cando eran nenos e nenas coma vós? Dicídelles que vos ensinen, o mesmo levades unha agradable sorpresa.
Eu, aquí, e dende a sección de Educación Física, co profe Guillermo, vouvos deixar algunhas ligazóns a algúns xogos tradicionais galegos, algúns os coñecedes das clases de Educación Física, se vos gustan e os practicades, ... encantaríame velo.
A disfrutar dos xogos!
Todas estas recomendacións, relacionadas coa Educación Física, están sendo recollidas na páxina que tedes na barra lateral da esquerda, na sección "Web e blogs do Centro": EDUCACIÓN FÍSICA.

No hay comentarios:
Publicar un comentario